luns, 30 de xaneiro de 2017

Mércores en familia

O pasado mércores achegouse Ana, a mamá de Pedro, á biblioteca a lernos un dos contos que máis lle gustan ao noso compañeiro: A vaca que puxo un ovo. Como?! Que as vacas non poñen ovos?! Pois lede este conto e veredes! A nós gustounos moito. Graciñas, Ana!!







Tamén pasou pola biblioteca lernos o conto preferido de Claudia a súa mamá! E tamén nos encantou!
Graciñas, Sofía!




venres, 27 de xaneiro de 2017

Os Reis viñeron ao cole!

Á volta das vacacións de Nadal levamos unha sorpresa: os Reis viñeron ao cole e deixáronnos algúns regaliños! Quedamos tan felices que os estreamos enseguida! :)





Nadal

Ao chegar o Nadal fomos decorando o noso recunchiño do cole con diversas cousiñas. Aquí achegámosvos unha pequena mostra.



Samaín

No cole tamén celebramos o Samaín, por iso estivemos facendo arañas e bruxas, entre outras cousiñas, para ir preparándonos para ese día. E vaia se nos preparamos! Non hai máis que vernos! :-)






O outono xa chegou!

Estando no outono fomos elaborando diversas cousiñas: follas, caracois, cortinas con froitos típicos... Pero sabedes que? Tamén puidemos probar os froitos desta estación que había na nosa cesta de outono! Que ricas estaban as uvas, as noces, as castañas, as mazás... e ata probamos as granadas! :-p







O noso primeiro día de cole

Ola a tod@s! Aínda que xa é algo tarde, queremos compartir con vós algunhas imaxes do noso primeiro día de cole no CEIP Os Muíños. Estabamos algo nervios@s, por iso houbo a quen lle caeu algunha lagrimiña... Pero é que despois dun longo verán, a algúns nenos e nenas facíaselles costa arriba volver. Outr@s viñan ao cole por primeira vez... Como non iamos estar nervios@s?!

Claudia

Andrés

Pedro

Iago

Thalía

Estela
 Anxo

Antonio

Anxo

Ana

Max

Paula

Marina

Nerea

Paz