sábado, 18 de febreiro de 2017

Entroidando!

O entroido xa está chegando e nós xa o imos celebrando :-D
Decoramos unhas caretas de pallaso e logo divertímonos moito bailando con elas o Baile do Antifaz. Tamén pintamos uns debuxiños de entroido, e para rematar fixemos uns antifaces moi coloridos! Cada un e cada unha fíxoo ao seu gusto, pintandoo como quixo e decorándoo con plumas de cores que colocamos ao noso xeito! E que bonitos nos quedaron! :-) Esperamos que vos gusten! E tamén o noso disfraz! ;-)






















E para rematar ben este entroido fomos...

dos Muíños á Lúa! Que aventura! 

(Mostrámosvos o proceso de elaboración do noso traxe espacial)















Toca aquí, toca alí

Como será tocar unha nube? Os peixiños coincidiron en que sería algo moooi suave, pero queda un pouquiño alta para nós, entón probamos a tocar outras cousiñas´que podemos atopar no noso día a día. Esta semana no cole traballamos o tacto e que ben o pasamos metendo as mans na escuma, tocando pedras ou teas, e experimentando coa suavidade e a aspereza... Tiñamos que agardar cos ollos pechados, pero podíanos a curiosidade! :-D (E oxalá que esa curiosidade sempre vos acompañe...)









mércores, 1 de febreiro de 2017

O inverno está aquí!

O inverno xa chegou. Nós ímonos preparando para que non nos colla o frío. Non nos faltan abrigos, bufandas, manoplas nin gorros! 

Manoplas

Abrigos

 Abrigos

 Abrigos

Bufandas

Bufandas

Bufandas

 Resultado final

Lembrámonos tamén duns animais que habitan rexións moi frías: os pingüíns!