luns, 24 de abril de 2017

Coas mans na masa

A finais do segundo trimestre fomos panadeiros e panadeiras por un día! A avoa de Paz, María José, a panadeira dos Muíños, acompañounos nesta xornada ensinándonos a facer pan de trigo.

No noso grupo temos un compi alérxico ao glute, pero iso non foi un empedimento para que el se puxera mans á obra coma os demais! Tamén tiñamos fariña especial para poder gozar todos/as desta experiencia!

Agora xa sabemos que para facer pan precisamos:
-fariña
-auga morna
-un chisco de sal
-unha pouca levadura

E con estes ingredientes e dándolle á man e poñéndolle lume, xa podemos facer un pan ben saboroso!

Fixemos todo o proceso de elaboración na cociña do cole, e cando o probamos... canto nos gustou a todos/as!

Graciñas á profe Diana e a Asun e Sandra pola súa axuda!


Coas mans na masa I


 

Coas mans na masa II

Primeira fornada preparada

 

Coas mans na masa III

Coas mans na masa e amasa con ansia!


Fornada sen glute




María José, mestra de panadeiros/as


                                           E amasamos unha segunda fornada...




















E velaquí o resultado! :-p








Ningún comentario:

Publicar un comentario