O pasado sábado, 23 de abril, foi o Día do libro, aínda que no cole festexámolo hoxe, martes, cun maratón de lectura do libro As viaxes de Gulliver. Como nós aínda somos pequeniños/as, non participamos lendo, senón escoitando aos maiores. Pero tamén celebramos este día creando un conto entre todos/as porque nós tamén podemos contar contos (e inventados!). Ademais tamén fixemos un marcapáxinas que agardamos usar moito lendo contos e contos e coñecendo moreas e moreas de novas historias, porque
martes, 25 de abril de 2017
luns, 24 de abril de 2017
Coas mans na masa
A finais do segundo trimestre fomos panadeiros e panadeiras por un día! A avoa de Paz, María José, a panadeira dos Muíños, acompañounos nesta xornada ensinándonos a facer pan de trigo.
No noso grupo temos un compi alérxico ao glute, pero iso non foi un empedimento para que el se puxera mans á obra coma os demais! Tamén tiñamos fariña especial para poder gozar todos/as desta experiencia!
Agora xa sabemos que para facer pan precisamos:
-fariña
-auga morna
-un chisco de sal
-unha pouca levadura
E con estes ingredientes e dándolle á man e poñéndolle lume, xa podemos facer un pan ben saboroso!
Fixemos todo o proceso de elaboración na cociña do cole, e cando o probamos... canto nos gustou a todos/as!
Graciñas á profe Diana e a Asun e Sandra pola súa axuda!
E amasamos unha segunda fornada...

Coas mans na masa I
Coas mans na masa II
Primeira fornada preparada
Coas mans na masa III
Coas mans na masa e amasa con ansia!
Fornada sen glute
María José, mestra de panadeiros/as
E amasamos unha segunda fornada...
E velaquí o resultado! :-p
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)